Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incáutanse en Portugal de 4.200 quilos de cocaína oculta en caixas de bananas

Incáutanse en Portugal de 4.200 quilos de cocaína oculta en caixas de bananas

A droga entrou por vía marítima ao peirao de Setúbal

G24.gal 02/05/2023 21:12 Última actualización 02/05/2023 21:28

A Policía Xudicial de Portugal informou da aprehensión no país de preto de 4.200 quilos de cocaína oculta en caixas de bananas.

A droga atopárona nun barco procedente de Colombia que atracou no peirao de Setúbal, 50 quilómetros ao sur de Lisboa.

É un dos maiores alixos de cocaína de que se incautaron no país veciño nos últimos anos. A operación non foi casual. É o resultado de meses de investigación que contou con información de corpos policiais de terceiros países.

A droga é de gran pureza e detrás do envío estaría o Clan do Golfo, unha das organizacións de narcotraficantes máis activas de Colombia.

Non se produciron detencións, pero segundo a Policía Xudicial a operación supón un duro golpe financeiro para o grupo criminal.

Portugal non é alleo á entrada masiva de cocaína procedente de Latinoamérica que se está producindo tamén en España e outros puntos da Unión Europea.  Só nos tres primeiros meses deste ano, foi interceptada en Portugal tanta droga coma en todo o ano pasado, case 17 toneladas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade