Publicador de contidos

Publicador de contidos

Requisan 67 quilos de percebes nunha operación contra o furtivismo en Camariñas

Requisan 67 quilos de percebes nunha operación contra o furtivismo en Camariñas

Tamén aprehenderon tres equipos completos de mergullo e unha embarcación de recreo

Dúas bolsas cheas de percebes na operación contra o furtivismo Dúas bolsas cheas de percebes na operación contra o furtivismo
G24.gal 30/07/2022 18:35 Última actualización 31/07/2022 09:05

O Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña aprehendeu en Camariñas 67 quilos de percebes, máis tres equipos completos de mergullo e unha embarcación de recreo.

Os feitos sucederon cando os axentes, que levaban a cabo unha operación contra o furtivismo, detectaron á embarcación na Praia de Lago, onde desembarcaban e ocultaban as capturas.

Os efectos intervidos foron entregados ao Servizo de Garda Costas de Galicia e os 67 kg de percebe foron para o Centro benéfico Rías Altas da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade