Publicador de contidos

Publicador de contidos

Impútanlle dous delitos leves de homicidio ao condutor que levou por diante unha terraza en Vilaboa

Impútanlle dous delitos leves de homicidio ao condutor que levou por diante unha terraza en Vilaboa

Así o decretou a xuíza encargada da investigación nun auto que non foi recorrido polas partes

A maxistrada decretou o sobresemento provisional da causa mentres non se presente denuncia pola parte prexudicada, que ten un prazo dun ano

G24.gal 25/05/2023 13:11

O condutor do vehículo que o pasado 17 de marzo atropelou catro persoas que estaban sentadas na terraza dun local de hostalería no termo municipal de Vilaboa será xulgado por dous delitos leves de homicidio por imprudencia menos grave porque dúas persoas faleceron no accidente.

Así o decretou a xuíza do Xulgado de Instrución número 3 de Cangas encargada da investigación nun auto que non foi recorrido polas partes. Unha vez concluída a instrución, o órgano xudicial deberá sinalar a data do xuízo.

O delito leve de homicidio por imprudencia menos grave está tipificado no Código penal "coa pena de multa de tres a dezaoito meses" e tamén pode impoñerse "a pena de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores de tres a dezaoito meses".

Na resolución, a maxistrada decretou o sobresemento provisional da causa mentres non se presente denuncia pola parte prexudicada, que ten un prazo dun ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade