Publicador de contidos

Publicador de contidos

Imputada a expresidenta de Adif pola contratación dunha exparella de Ábalos

Imputada a expresidenta de Adif pola contratación dunha exparella de Ábalos

O xuíz da Audiencia Nacional que instrúe o caso Koldo cita como investigada a Isabel Pardo de Vera o 29 de maio

Ismael Moreno considera que Pardo de Vera puido ter "unha decisiva participación na contratación aparentemente irregular" de Jéssica Rodríguez 

A expresidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, á súa chegada a declarar no Tribunal Supremo o pasado 5 de marzo polo caso Koldo (Gabriel Luengas/Europa Press) A expresidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, á súa chegada a declarar no Tribunal Supremo o pasado 5 de marzo polo caso Koldo (Gabriel Luengas/Europa Press)
G24.gal 20/05/2025 13:22

O xuíz da Audiencia Nacional que instrúe o caso Koldo citou como investigada a expresidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, o próximo 29 de maio para que dea explicacións sobre a contratación de Jéssica Rodríguez -exparella do exministro de Transportes José Luis Ábalos- en dúas empresas públicas, Ineco e Tragsatec.

Nun auto, o maxistrado Ismael Moreno sostén que Pardo de Vera "tería unha decisiva participación na contratación aparentemente irregular de Rodríguez pola empresa Ineco", a instancia de Ábalos e do seu exasesor no Ministerio, Koldo García.

O xuíz da Audiencia Nacional menciona os dous contratos de traballo de Rodríguez con Ineco e Tragsatec e explica que se tratou dunha actividade profesional de natureza administrativa na que a traballadora quedou adscrita á presidencia de Adif, cargo que ostentaba entón Pardo de Vera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade