Otegi reuniuse este xoves con Puigdemont en Waterloo
No encontro, os líderes de EH Bildu e Junts analizaron a situación política de Catalunya e de Euskal Herria e mais a do Estado español, informou a formación soberanista vasca nun comunicado
EH BILDU
O secretario xeral de EH Bildu Arnaldo Otegi e o secretario de Relacións Políticas desta formación Gorka Elejabarrieta reuníronse este xoves en Waterloo (Bélxica) co presidente de Junts Carles Puigdemont.
No encontro, os líderes de EH Bildu e Junts analizaron a situación política de Catalunya e de Euskal Herria e a do Estado español, informou a formación soberanista vasca nun comunicado.
EH Bildu e Junts conviñeron na necesidade da colaboración entre ambas as nacións e comprometéronse a seguir traballando con ese propósito, como veñen facendo desde hai anos xunto ás outras forzas soberanistas, sinala o comunicado.