Nova renuncia no grupo socialista do concello de Lugo: o concelleiro Repetto deixa a dedicación exclusiva
Nova renuncia no grupo socialista do concello de Lugo: o concelleiro Repetto deixa a dedicación exclusiva
É a segunda renuncia en tan só unha semana: a concelleira María Reigosa dérase de baixa como militante do PSOE logo de abandonar xa o Goberno local
O alcalde, Miguel Fernández, queda unicamente con tres edís dedicados a tempo completo ao Concello
O Goberno municipal de Lugo sofre un novo cambio na súa estrutura. O concelleiro Mauricio Repetto deixa a súa dedicación exclusiva no Goberno municipal para regresar á súa profesión de psicólogo. Como consecuencia, o alcalde, Miguel Fernández, queda unicamente con tres edís dedicados a tempo completo ao Concello.
Este abandono vén sumarse á saída do goberno e á baixa de militancia no PSOE da tamén concelleira María Reigosa, que exerce agora como independente.
Mauricio Repetto fora un dos principais apoios da falecida alcaldesa Paula Alvarellos, e mesmo chegou optar a sucedela, malia que finalmente o elixido foi Miguel Fernández. Repetto comezou nese momento unha baixa laboral que durou varios meses.
O grupo socialista conta en total con oito concelleiros, e Fernández goberna cun bipartito que completan cinco edís do BNG. En total, trece concelleiros fronte aos doce do PP.