O sorteo da lotaría estrea 193 bolas e aplicación monetaria
En Galicia caeu o Gordo en 47 ocasións, a primeira na Coruña, en 1903
A aplicación Bizum servirá para cobrar cantidades menores a 2.000 euros
A TVG ofrecerá un especial desde as 8:30 da mañá
O sorteo de Nadal estrea 193 bólas nos seus bombos, houbo que mudalas polo seu estado de conservación deteriorado.
Outras das novidades para este ano é a activación dunha coñecida aplicación para cobrar cantidades menores.
Este martes pola tarde fíxose o reconto das bolas dos números e tamén dos premios para un sorteo extraordinario que acada os 3.440 millóns de euros, dos que un 70 % quedarán repartidos en premios.
Bizum para cobrar cantidades inferiores a 2.000 euros
Entre as novidades desta edición está a posibilidade de cobrar a través da aplicación Bizum os premios cun importe menor aos 2.000 euros.
Entradas numeradas por mor da pandemia
As entradas serán numeradas para asistir como público a esta cita coa sorte no Teatro Real.
Os asistentes deberán identificarse co seu DNI e facilitar un número de teléfono e/ou correo electrónico para garantir a rastrexabilidade dos contactos.
Un paseo polo pasado da nosa lotaría
E chega a mañá pola en que empezamos a sentir que o Nadal comezou de verdade, a mañá da Lotería.
Fágase o Nadal, di a cantarela. Dicíao coas 150.000 pesetas e dío cos 1.000 euros! Dende 1812 así o dita esta penetrante tradición.
Ringleiras que levan ás portas das administracións máis de 200 anos. Alegría e soños que persisten no tempo.
Falamos da ilusión convertida en números. Gravados con láser en 100.000 bolas de buxo, deses números sairá esa alegría que salta no espazo e no tempo.
Decidirán a sorte os nenos de San Ildefonso. En Galicia caeu por primeira vez o Gordo na Coruña en 1903, en total 47 veces caeu en Galicia.