Cargando resultados...
Ilusión e ambición na terceira etapa de Joselu no Lugo
O dianteiro andaluz asina ata final de temporada
G24.gal
03/01/2023 11:42
Última actualización 03/01/2023 11:48
Joselu regresa ao C. D. Lugo na súa terceira etapa, con máis ambición e ilusión que nunca. O Anxo Carro foi o escenario para a súa presentación como novo xogador albivermello.
Acompañado polo director deportivo, Carlos Pita, o punta destacou o proxecto en marcha, a recepción que o club sempre lle brindou, así como o contexto humano e deportivo xerado, como factores decisivos na toma da súa decisión.
Espera unha nova etapa de éxitos, e asegura a mellor das súas disposicións para axudar ao club na consecución dos seus obxectivos:
"Houbo momentos de coller as cousas e marchar. Son moi esixente comigo mesmo. Estou completamente activo. Hai que recuperar o ritmo de competición".