Publicador de contidos

Publicador de contidos

Illa e Puigdemont reúnense en Bruxelas durante aproximadamente unha hora e media

Illa e Puigdemont reúnense en Bruxelas durante aproximadamente unha hora e media

Foi o primeiro encontro en persoa entrambos desde que o socialista se converteru en president da Generalitat

Salvador Illa, asegurou que "o diálogo é o motor da democracia para que Cataluña siga avanzando" e que o encontro "é un bo exemplo"

Puigdemont asegura que a reunión con Illa demostra que non hai "normalidade"

O presidente da Generalitat, Salvador Illa, xunto ao presidente de Junts per Catalunya, Carles Puigdemont/Jasper Jacobs / Europa Press O presidente da Generalitat, Salvador Illa, xunto ao presidente de Junts per Catalunya, Carles Puigdemont/Jasper Jacobs / Europa Press
G24.gal 02/09/2025 18:26

O presidente catalán, Salvador Illa, e o expresidente e líder de Junts, Carles Puigdemont, mantiveron unha reunión de aproximadamente unha hora e media na delegación da Generalitat en Bruxelas, o primeiro encontro entrambos os desde que o líder socialista asumiu o cargo en agosto do ano pasado.

Salvador Illa, asegurou que "o diálogo é o motor da democracia para que Cataluña siga avanzando" e que o encontro "é un bo exemplo".

"Hoxe atopeime co president Carles Puigdemont, tal e como fixen co resto de expresidentes da Generalitat. O diálogo é o motor da democracia para que Cataluña siga avanzando. Hoxe damos un bo exemplo", sinalou Illa.

Co encontro, o presidente da Generalitat culminou a rolda de contactos que mantivo cos seus predecesores desde a súa investidura: Jordi Pujol, José Montilla, Artur Más, Quim Torra e Pere Aragonès.

Illa quixo enmarcar a reunión con Puigdemont no "diálogo democrático", mentres que, para Junts, o encontro "hai que lelo en clave PSOE", segundo dixo o secretario xeral da formación, Jordi Turull.

Puigdemont asegura que a reunión con Illa demostra que non hai "normalidade"

O líder de JxCat, Carles Puigdemont, asegurou que a reunión que mantivo co presidente da Generalitat serviu para deixar claro "que non vivimos nunha situación de normalidade".

"Esta tarde recibiume o president Salvador Illa na delegación da Generalitat ante a Unión Europea. Agradézolle a amabilidade e a conversación. En situación de normalidade democrática, esta reunión teríase que producir hai moitos meses, e non en Bruxelas senón no Palau da Generalitat, na capital de Cataluña", sinalou Puigdemont nunha mensaxe en X.

A reunión produciuse meses despois de que o Tribunal Constitucional avalase a lei de amnistía, da que aínda non se beneficiou Puigdemont.

"Hoxe quedou claro que non vivimos nunha situación de normalidade", apuntou Puigdemont.

Tras reunirse con Puigdemont, Illa acudiu ao Parlamento Europeo para visitar unha exposición con motivo do milenario do mosteiro de Montserrat.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade