Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iker Losada cre que o Racing ten licenza para soñar cando sume 51 puntos

Iker Losada cre que o Racing ten licenza para soñar cando sume 51 puntos

O de Catoira suma seis goles e cinco asistencias

G24.gal 10/01/2024 18:09 Última actualización 10/01/2024 18:15

Tras a marcha de Carlos Vicente ao Alavés e xunto a Héber Pena, Iker Losada é un dos xogadores diferenciais do Racing. Suma seis goles e cinco asistencias e un rendemento extraordinario en tarefas ofensivas.

O seu traballo non pasou inadvertido e foi premiado como o mellor xogador da Liga, por votación dos seguidores da Segunda División e tamén polos afeccionados racinguistas, polo que recibiu o premio Estrella Galicia ao mellor xogador do pasado mes de decembro.

"Moitas grazas —dixo o xogador sobre o premio— é un orgullo para min levar un premio coma este. Tamén quero dar as grazas aos compañeiros, xa que sen eles non se conseguen estas cousas".

O xogador amósase sorprendido polos seu goles, aínda que na pasada tempada no Celta Fortuna anotou nove. 

"Sorpréndeme o número de goles que levo —dixo—, pases de gol sempre os dei, xa que o meu xogo se basea niso, nese último pase que a min me gusta dar. En canto aos goles, tiven moita sorte nalgún deles, aínda que para marcar hai que estar aí".

Sobre os puntos, indica que o primeiro é o primeiro e a partir de aí pódese soñar:

"Temos que seguir con ese pensamento de chegar a eses 51 puntos e despois todo o que veña será benvido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade