Publicador de contidos

Publicador de contidos

Idiakez: "Agora que a cousa vai ben, ninguén quere saír do camiño"

Idiakez: "Agora que a cousa vai ben, ninguén quere saír do camiño"

O Deportivo xoga o domingo ante o Tarazona, un dos equipos febles da categoría

Foto @RCDeportivo
G24.gal 16/02/2024 16:34 Última actualización 16/02/2024 17:28

Ás portas da quinta vitoria consecutiva, Imanol Idiákez sabe os problemas que poden traer o exceso de eloxios. Non quere ningún tipo de relaxación ante un Tarazona que transita pola parte baixa, pero que presenta bos números en defensa e saíu de postos de descenso recentemente.

"Estamos moi centrados no paso. O camiño faise andando. Despistarnos con cousas no medio prazo non nos axuda".

"Agora que a cousa vai ben, ninguén quere saírse do camiño".

O Deportivo atopou, coa chegada de xogadores como o dianteiro Raúl Alcaina, unha opción de atopar os ocos ás costas e nese afán pedía o técnico aos seus pupilos que traballasen e estivesen atentos ao que pasase no campo e aos movementos dos seus adversarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade