Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificados os catro membros da familia de Marín falecida nos terremotos de Venezuela

Identificados os catro membros da familia de Marín falecida nos terremotos de Venezuela

O Concello confirma o falecemento da parella e dos seus dous fillos, desaparecidos desde o sismo na rexión da Guaira

Minuto de silencio en Marín polas vítimas no terremoto de Venezuela (Arquivo/Europapress)
G24.gal 07/08/2026 12:13 Última actualización 07/08/2026 18:01

O Concello de Marín confirmou este venres a identificación dos corpos dos catro membros da familia residente na localidade pontevedresa que permanecían desaparecidos tras os terremotos rexistrados en Venezuela. 

Nun comunicado, o goberno local informou do falecmento de Lía, Ulises, Adela e Yosvany, unha familia "moi querida" no municipio, e expresou o seu pésame aos familiares e achegados, así como á comunidade educativa do Colexio da Inmaculada, onde estudaban os dous menores, e ao Club de Hóckey de Marín, co que estaban estreitamente vinculados. 

"Hai momentos especialmente duros como pobo, e hoxe é un deles", sinala o Concello na súa mensaxe. 

 

A familia viaxara a Venezuela ao remate do curso escolar para sorprender os seus achegados e atopábanse na rexión da Guaira, unha das zonas afectadas polos dous terremotos, de magnitude 7,5 e 7,2, rexistrados nos últimos días. 

Rueda expresa a súa "profunda tristeza" 

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, expresou a súa "profunda tristeza" este venres despois de que se identificasen os corpos dos catro membros dunha familia de orixe venezolana e residente no municipio pontevedrés de Marín.

A través dunha mensaxe no seu perfil da rede social 'X', o titular do Executivo autonómico lamentou o falecemento de Adela Taberneiro e Yhosvany Hernández, así como o dos seus dous fillos menores, Lea e Ulises.

O mandatario galego quixo trasladar todo o seu "cariño" aos seres queridos das vítimas como á localidade de Marín, que se viu "especialmente golpeada por esta terrible noticia".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade