Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identifican un dos presuntos agresores que mallaron un mozo en Ribeira

Identifican un dos presuntos agresores que mallaron un mozo en Ribeira

A policía pide colaboración cidadá para dar cos tres agresores, aparentemente menores de idade

 A malleira produciuse na madrugada do domingo, ao remate das festas de Carreira

 

G24.gal 20/05/2024 14:29

A vítima tivo que recibir asistencia no hospital do Barbanza despois de que 3 mozos, posiblemente menores de 16 anos, o mallaran a golpes diante deste supermercado da Capela, en Carreira. Sucedeu pasadas as seis da madrugada do domingo, ao remate da verbena da Virxe da Guía, cando a maioría dos veciños xa se recolleran na casa.

"Eu sóubeno o domingo, que andaban na procura dos agresores. Pero a esas horas nas que foi eu estaba na cama, e os veciños do lado tampouco se decataron, xa estaban recollidos despois da festa", di unha veciña.

A Policía Nacional logrou identificar un dos presuntos agresores, pero quedan outros dous. Nas redes, os municipais fixeron un chamamento á colaboración cidadá, para que calquera que presenciara a malleira ou teña información se dirixa a eles. Os veciños lamentan que un suceso violento ensombreza a celebración das festas patronais.

"Xa pasou noutras festas parroquiais na zona. Tería que pasar a policía para controlar, e os menores non deberan estar tampouco a esas horas por aí".

"Eu non entendo isto, cando hai alcohol e drogas xa a cousa se descontrola, deberían vixiar máis as festas", comentan algúns veciños.

O mozo que recibiu a malleira foi dado de alta e recupérase na casa da perda de varias pezas dentais e lesións na cara. Ao parecer, seguiron mallando nel mesmo cando xa caera ao chan polos primeiros golpes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade