Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iberia desiste da operación de compra de Air Europa

Iberia desiste da operación de compra de Air Europa

Remitiron un  escrito á Comisión Nacional do Mercado de Valores en que se explica que se está a negociar a ruptura do acordo

G24.gal 15/12/2021 09:12

Iberia e Air Europa están xa "nunha fase avanzada" das súas negociacións para "rescindir" o acordo polo que a primeira aerolínea pretendía facerse coa segunda, inicialmente por mil millóns de euros e, tras a pandemia da covid, por cincocentos millóns.

Así o confirmou este mércores a matriz de Iberia, International Airlines Group, nun escrito á Comisión Nacional do Mercado de Valores no que explica que está a negociar a ruptura do acordo alcanzado con Globalia, grupo propietario de Air Europa, en novembro de 2019.

Ambas compañías confirman que darán marcha atrás ao acordo que asinaron o 4 de novembro de 2019 e que modificaron a posteriori, o 20 de xaneiro de 2021, para que Iberia adquirise a totalidade de Air Europa.

Os novos termos do acordo derivaban da situación provocada pola pandemia de coronavirus e o seu impacto na industria da aviación, que foi notable sobre as contas de Air Europa. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade