Iago Aspas exponse a unha sanción que pode oscilar entre os catro e os doce partidos
O Comité Técnico de Árbitros ( CTA) da Federación Española denunciará ao xogador do Celta Iago Aspas polas declaracións realizadas ao finalizar o partido do pasado sábado contra o Real Madrid en Balaídos
"Só lle faltou pintar aí o último para tiralo Pablo, se non fose hat trick de Benzema que parecía que era o que quería e o que buscaba Pablo", declarou Aspas
O Comité Técnico de Árbitros (CTA) da Federación Española denunciará ao xogador do Celta Iago Aspas polas declaracións realizadas ao finalizar o partido do pasado sábado contra o Real Madrid en Balaídos, informaron a EFE fontes da Federación Española.
O internacional español cargou duramente contra o colexiado asturiano Pablo González Fortes pola súa polémica actuación no encontro, despois de que anulase un gol do céltico Thiago Galhardo e sinalase tres penaltis a favor do Real Madrid.
“Os dous primeiros foron penaltiños, pero foron. Pero o último non foi. Vai Mendy en carreira e arroia ao noso defensa e el arbitro pita falta nosa. Só lle faltou pintar aí o último para tiralo Pablo, se non fose hat trick de Benzema que parecía que era o que quería e o que buscaba Pablo”, declarou Aspas.
O atacante recoñeceu que ao finalizar o choque falou co colexiado para dicirlle que para el “non era” porque “Mendy ía en carreira e é o que arroia a Kevin, que está parado na área”.
Aspas, que o sábado exerceu de capitán pola baixa de Hugo Mallo, exponse a unha sanción que pode oscilar entre os catro e os doce partidos, ademais dunha multa económica.