Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Mallo medita deixar o Celta e xogar no Atlético Mineiro de Coudet

Hugo Mallo medita deixar o Celta e xogar no Atlético Mineiro de Coudet

Está pensándoo pero non está convencido de todo

G24.gal 30/01/2023 17:41 Última actualización 30/01/2023 17:46

Horas decisivas para determinar o futuro do capitán do Celta, Hugo Mallo. O lateral de Marín está a analizar a posibilidade de abandonar o club vigués, un movemento que se podería producir no actual mercado de fichaxes, que termina a medianoite de mañá. O Atlético Mineiro de Coudet podería ser o seu destino. Está pensándoo pero non está convencido de todo. A súa contorna non o desbota.

Mallo termina o seu contrato a final desta tempada. A finais do pasado ano, dábase por feito que o futbolista, o segundo da historia con máis partidos coa zamarra celeste, chegaría a un acordo coa dirección do club para continuaren vinculados. Esa renovación podería pasar por unha rebaixa salarial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade