Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pai dos nenos asasinados en Granada permanece hospitalizado nun centro sanitario

O pai dos nenos asasinados en Granada permanece hospitalizado nun centro sanitario

Huétor Tájar vive a segunda xornada de loito oficial pola morte de dous nenos a mans do seu avó

G24.gal 21/05/2024 14:49

Segundo día de loito oficial na localidade granadina de Huétor Tájar. Os veciños aínda non poden crer o terrible suceso que acabou coa vida de dous pequenos.

Segundo as primeiras investigacións, todo se desencadeou tras dunha lea entre o  pai dos pequenos e o suposto homicida. O avó, de 72 anos,  tiña o carné e conducir retirado tras dun grave accidente en que faleceran a súa muller e a súa filla hai tan só dous meses. Aínda así seguía conducindo.

Foron os veciños os que alertaron o servizo de emerxencias e a Garda Civil, que, ao chegar, xa atopou o home atrincheirado na vivenda cos seus netos e armado cunha escopeta. Tras varias horas de negociacións, os axentes forzaron a entrada na vivenda, momento en que o home de 72 decidiu suicidarse.

Os menores atopáronos en cuartos distintos. Un deles, segundo sospeitan os investigadores, puido morrer por asfixia mentres que o outro presentaba feridas por disparo. Os resultados das autopsias permitirán aclarar as circunstancias e as horas en que se produciron as mortes.

O pai dos nenos tivo que ser sedado e permanece hospitalizado nun centro sanitario de Granada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade