No Día dos Legumes recórdase que son alimentos saudables e sostibles
Unha xornada coa que a FAO quere concienciar dos seus beneficios
Fabas, feixóns, garavanzos ou lentellas son os máis coñecidos e consumidos
Hoxe é o Día Mundial dos Legumes. Unha xornada coa que a FAO, Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, quere concienciar dos seus beneficios.
Os legumes son as sementes comestibles das plantas leguminosas. Fabas, feixóns, garavanzos ou lentellas son os máis coñecidos e consumidos.
Os legumes están presentes nas distintas gastronomías de todo o mundo e, por suposto, tamén na galega. Nesta tenda véndense ao peso e non só en inverno.
A FAO lembra que os legumes teñen a capacidade de fixar o nitróxeno no solo polo que o seu cultivo reduce o uso de fertilizantes sintéticos contribuíndo ao logro da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible.
Amais de ser una oportunidade de emprego para os máis novos nas comunidades agrícolas.