Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Oruña: "Os obxectos portan a memoria, e asómbrame o descoñecemento do noso patrimonio"

María Oruña: "Os obxectos portan a memoria, e asómbrame o descoñecemento do noso patrimonio"

Cumio Editorial publica en galego 'O albatros negro', que en semanas chegou á segunda  edición

A escritora publica unha historia de cobiza e cazatesouros, entre o Vigo de 1700 e o actual

O relato parte da morte dunha historiadora naval que achou as claves dun vello tesouro mariño
 

G24.gal 11/05/2025 11:30 Última actualización 08/05/2025 16:53

Baixo o mar aínda quedan tesouros, que espertan hoxe, coma sempre, a cobiza das persoas e a imaxinación das escritoras. María Oruña teceu unha novela utilizando fíos históricos. Buscou un tesouro na ría de Vigo e atopou corsarios na súa cidade. O albatros negro leva nome de galeón e xa suca as librarías de medio mundo. 

No primeiro capítulo de O albatros negro, xa se nos presenta a morte, en Vigo e en estrañas circunstancias, dunha historiadora naval que pode ter descuberto as claves dun gran tesouro. Nas seguintes páxinas, ata seiscentas, as mortes sucédense, e a investigación policial, ten o cerne no Vigo de 1700, nunha entomóloga, un fidalgo, un frade corsario e un galeón: O albatros negro que lle da título.

A novela acaba de publicarse simultaneamente en España e latinoamérica, tamén en Polonia, EUA e outros países. En catalán e en galego. Cos anteriores libros María Oruña chegou ao millón de lectores, esta vez O albatros negro supón un cambio de editorial de Planeta a Penguin Random House, e para o galego, supón, que a autora gardara os dereitos para que agora o publique Cumio nun fermoso libro que en semanas leva dúas edicións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade