Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizado en estado grave un home tras incendiarse a súa vivenda en Vigo

Hospitalizado en estado grave un home tras incendiarse a súa vivenda en Vigo

As lapas propagáronse e o home fuxiu ata a vivenda dos veciños

Foi trasladado en ambulancia ao hospital con síntomas de inhalación de fume e queimaduras

G24.gal 04/11/2021 10:47

Hospitalizado en estado grave un home de 46 anos tras ser rescatado xunto a outras dúas persoas dun edificio en lapas por mor dun incendio orixinado por unha candea en Vigo.

O suceso tivo lugar sobre as catro da madrugada nun piso situado na Avenida do Aeroporto. Unha parella tamén tivo que ser rescatada polos bombeiros.

Ata o lugar acudiron tamén axentes da Policía Nacional, a Policía Local e o 061. O inquilino do inmoble onde se orixinou o incendio foi trasladado en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro con síntomas de inhalación de fume e queimaduras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade