Homenaxe en Cambados ás familias dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo
Descubriuse unha placa e unha escultura de granito para lembrar as vítimas no naufraxio
As familias pediron que a sociedade non esqueza aos falecidos e que se esclarezan os feitos
Seguen as homenaxes aos familiares dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo, neses concellos onde residían. Hoxe en cambados, nos xardíns da Casa do Mar, os familiares acompañados das autoridades e veciños, descubrían unha placa e unha escultura de granito que foi doada pola escola de canteiros da deputación de Pontevedra.
Veciño do concello de Cambados era un dos vinte e un tripulantes do Villa de Pitanxo, Miguel Ángel Lumbres, de 52 anos, nado no Perú, pero que residía dende hai moitos anos neste municipio de Cambados coa súa muller e os seus dous fillos.
Foi un acto sinxelo, pero moi emotivo onde as familias volveron pedir que se esclareza o que aconteceu hai un ano, ese quince de febreiro de 2022.