Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe aos alumnos con mellores expedientes nas probas da ABAU

Homenaxe aos alumnos con mellores expedientes nas probas da ABAU

Acadaron o segundo mellor resultado histórico en Galicia con máis de 1.000 sobresaíntes

G24.gal 23/06/2022 19:59

Máis de 1.000 alumnos de toda Galicia foron recoñecidos nunha cerimonia polos seus éxitos académicos. No Centro Multiusos Fontes do Sar foron citados todos aqueles que superaron o 9 de nota media sen contar a parte voluntaria. 

Son case o 10 % do total dos que se presentaron. Unha boa colleita xa que, de feito, é o segundo mellor resultado histórico. 

Non todas as mellores notas optan sempre polas carreiras universitarias a priori máis técnicas ou complexas. A clave para obter estes resultados segundo eles mesmos é a organización e o esforzo.

O 70 % son mozas mentres que, por provincias, A Coruña abrangue case a metade dos homenaxeados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade