Histórica estrea do Leyma Coruña na ACB cunha vitoria diante do Real Madrid
Unha tripla con adicional de Barrueta a dous segundos do final propiciou a única vantaxe coruñesa en todo o partido (86-85)
O Leyma Coruña acadou unha histórica vitoria diante do Real Madrid (86-85) grazas a unha tripla con adiciónal de Barrueta a dous segundos do final. Foi a única vantaxe do cadro coruñés en todo o partido e permitiulle a un Coliseum ateigado de público festexar por todo o alto.
O Leyma competiu con moita dignidade desde o primeiro cuarto. O Real Madrid levou o mando do partido con Musa e NDiaye amosando as feituras da liga ACB pero os coruñeses agarrábanse ao encontro (16-22) e chegaron ao descanso sete puntos abaixo (37-44). O acerto de Llull (14 puntos no intermedio) era respostado por un sensacional Jakovics (8 puntos e 2 triplas no segundo período).
Un 0-6 ao comezo do terceiro cuarto (37-50) parecía racharo partido pero o Leyma nunca baixou os brazos e conseguiu meterse de cheo xusto antes do remate (60-63). No último cuarto o Real Madrid dominaba pero sen irse nunca por riba dos dez puntos. O Leyma creu no triunfo e mantivo a intensidade ata o final. Púxose a un punto (82-83) e conseguiu a fazaña cunha incrible tripla con adicional de Barrueta.