Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo, sobre a lesión de Yeremay: "Fixo un sacrificio enorme desde hai meses"

Hidalgo, sobre a lesión de Yeremay: "Fixo un sacrificio enorme desde hai meses"

Asume a presión con naturalidade: "Estamos nun club cunha historia grande detrás que che marca unha esixencia grande"

Foto Deportivo
G24.gal 06/03/2026 11:31 Última actualización 06/03/2026 11:39

O adestrador do Deportivo, Antonio Hidalgo, asegurou este venres que a lesión de pube do internacional sub-21 Yeremay Hernández, que derivaron nunhas molestias no adutor, “non son graves”, aínda que o extremo deberá ir “con calma” porque non hai un prazo para a súa volta.

“Non temos unha data concreta. Gustaríame tela porque iso significaría que o teriamos pronto de volta. El aos poucos vai tendo mellores sensacións que a semana pasada, que iso é importante. Tivo eses días de parón e imos tentar que sexa limpo de todo. É unha doenza difícil de tratar”, apuntou en conferencia de prensa.

Neste sentido, o técnico deportivista sinalou que o futbolista canario fixo “un sacrificio enorme desde hai meses” e ese “sufrimento” axudaralle “na súa evolución como futbolista”.

"Sei que nese tipo de futbolistas, coa súa punta de velocidade, a súa faísca e o seu arranque, é clave. É unha doenza que pode ser incluso incapacitante e desde logo limitante. Eu estou operado de pube e se o que é a lesión. Pero el está nun grao que o temos controlado. Estamos a coidalo ao máximo e imos facer todo o posible porque estas molestias desaparezan”, explicou.

O Deportivo xogará ante o Granada sen a presenza do canario. Preguntado pola diferenza entre a xestión da presión nun club que aspira a ascender, e outro que loita pola salvación, cre Hidalgo que "son situacións diferentes" que "van na dimensión" da entidade.

Neste caso, a do Dépor "é enorme" e por tanto "a esixencia é máxima".

"Nas dúas situacións tes presión. Pero a diferenza é a dimensión do club. Estamos nun club grande e hai que aceptar a esixencia que che poñen", conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar