Hidalgo quere ter todos os xogadores "enchufados"
Falou sobre a situación do mercado: "O Dépor sempre ten que estar aberto ás situacións que temos"
O Deportivo prepara o partido do sábado (21:00 horas) contra a Real Sociedade B disposto a corrixir os erros que lle levaron á derrota da pasada xornada contra o Castellón.
Antonio Hidalgo chamou a seguir crecendo no rendemento e, cuestionado pola chegada de reforzos no mercado de inverno, afirmou.
"A comunicación con Fernando Soriano é diaria e fluída. O Dépor sempre ten que estar aberto ás situacións que temos. Tomaremos decisións coa tranquilidade que dá o mercado"
Ao técnico do Deportivo non lle gustan os equipos longos.
"Gústame ter a todos enchufados e que se están, para participar ou aceptar o rol que toca. Por iso gústanme os equipos curtos"
Hidalgo non está contento co cambio de día e hora do partido ante a Real Sociedade.
"A gran prexudicada é a Real, que cambiou viaxe e todo. É o que hai. Podemos queixarnos, pero preparámolo da mellor maneira".