Cargando resultados...
Herville recupera a tradición do seu belén monumental
O nacemento conta con 200 figuras e ocupa 80 metros cadrados

G24.gal
21/12/2021 21:30
Os carpinteiros, os oleiros, os cameleiros e varias mulleres son algúns dos novos veciños de Herville, o barrio de Mos que atesoura un dos nacementos máis espectaculares da provincia de Pontevedra.
Exipto é outra das paisaxes que se suman a esta edición.
A maioría das duascentas figuras proveñen dun obradoiro barcelonés, pero os decorados, a estrutura e os complementos das escenas son obra do belenista Luis Escobar, un veciño de Mos que inaugurou en 2006 a tradición.
Á súa habelencia se deben detalles sorprendentes e chiscadelas.
Dado que as visitas están limitadas a 50 persoas pola cabida do local, a exposición do belén estará aberta ao público ata mediados de xaneiro.