Cargando resultados...
Hernán Pérez di que vai haber cambios no once e na actitude do Lugo
Salvo Lebedenko e Pirri, por molestias ambos, o resto está dispoñible
Foto @CDeportivoLugo
G24.gal
19/08/2022 18:40
Última actualización 19/08/2022 18:47
Hernán Pérez resaltou o bo traballo do equipo durante a semana e incidiu nas ganas que tanto corpo técnico como xogadores teñen de lograr un resultado positivo na visita a Tenerife desta fin de semana.
"A semana está a transcorrer ben, bo traballo. Despois da derrota, queremos resarcirnos. Salvo Lebedenko e Pirri, por molestias ambos, o resto está dispoñible".
Dixo que vai haber cambios no once que presente no Rodríguez López:
"Os sinais de identidade deben ser un equipo valente e atrevido, non timorato".