Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hard GZ e Belén Aguilera, entre os primeiros artistas confirmados do Morriña Fest 2026

Hard GZ e Belén Aguilera, entre os primeiros artistas confirmados do Morriña Fest 2026

Myke Towers e Juanes completan o cartel inicial da nova edición do festival que se celebrará os días 24 e 25 de xullo na Coruña 

As entradas sairán este martes ás 12:00 horas 

Imaxe do cartel do Morriña Fest 2026 Imaxe do cartel do Morriña Fest 2026
G24.gal 15/12/2025 12:37 Última actualización 15/12/2025 13:09

O Morriña Fest desvelou este luns aos primeiros artistas confirmados para a súa edición de 2026, que se celebrará os días 24 e 25 de xullo no porto da Coruña e que contará coas actuacións de Myke Towers, Juanes, Hard GZ e Belén Aguilera.

En concreto, as entradas para esta nova edición sairán á venda este martes ás 12:00 horas na páxina web oficial do festival, ao que a alcaldesa coruñesa, Inés Rey, enxalzou como "unha das citas máis importantes do calendario estival galego e tamén no conxunto do noroeste de España".

Neste sentido, a rexedora tamén destacou a elección do porto da Coruña para a celebración dos concertos, "un emprazamento que está a gañar peso ano tras ano e que xa está consolidado e identificado como escenario de grandes actuacións e eventos culturais".

Con todo, a organización do festival subliñou nun comunicado este primeiro avance "é só o comezo", xa que máis artistas anunciaranse proximamente, "completando un cartel pensado para públicos diversos". "

Con este primeiro avance o Morriña Fest reforza a súa identidade como unha cita imprescindible do verán galego, combinando grandes estrelas internacionais, artistas consagrados e referentes actuais da escena musical", resaltou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade