Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hai un ano da histórica nevada Filomena que colapsou o centro peninsular

Hai un ano da histórica nevada Filomena que colapsou o centro peninsular

O cambio climático facilita fenómenos máis extremos e frecuentes

G24.gal 09/01/2022 15:11

Cúmprese un ano de Filomena, a histórica nevada que paralizou o centro do país durante días. A borrasca deixaba medio metro de neve nas rúas de Madrid e unha vaga de frío tamén excepcional. Son fenómenos extremos, coma tamén o son as altas temperaturas coas que comezamos este 2022. Buscamos a explicación científica da súa causa da man da Axencia Española de Meteoroloxía.

Francisco Infante, delegado de Aemet en Galicia apunta que o manto de neve chegou a 50 centímetros e as temperaturas mínimas a 26 e 27 graos baixo cero en Teruel.

Episodios coma este teñen lugar no noso país un cada 50 anos pero os expertos apuntan a un cambio de tendencia debido ao quecemento do planeta.

O cambio climático o que está facendo é que a intensidade e a frecuencia deses fenómenos sexa cada vez maior. É por tanto máis probable que teñamos fenómenos extremos e máis intensos. O quecemento global o que provoca é cambios na dinámica da atmosfera, nos movementos, fluxos de masas de aire, e son os que provocan este tipo de situacións.

O delegado da Aemet di que a probabilidade de que este ano se repita unha nevada como foi Filomena é baixa pero urxe a actuar para "mitigar" os efectos do cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade