Hai alarma no barrio ourensán da Ponte pror unha vaga de roubos
Hai uns días entraron tamén nunha entidade bancaria
A cidade de Ourense leva dúas semanas vivindo unha vaga de roubos con forza, furtos e asaltos. Ademais dos roubos en establecementos comerciais, tanto do centro como no barrio da Ponte, tamén ten habido danos e intentos de roubos nos coches.
Hai bastante alarma entre a veciñanza polos últimos roubos e furtos ocorridos nestas últimas semanas en diferentes puntos da cidade de Ourense. Especialmente preocupados os comerciantes e os veciños deste barrio ourensán da Ponte, hai uns días entraron tamén nunha entidade bancaria. A presenza duns veciños foi clave para a identificación e a posterior detención por parte da Policía Nacional dos presuntos ladróns, que levaron un ordenador.
E hoxe mesmo cóntannos os veciños que apareceron polo menos catro coches cos cristais e algún retrovisor rotos. Aseguran que nos últimos tempos se incrementaron moito os roubos neste barrio.
"Acabo de ver agora mesmo diante da miña casa un coche co cristal roto, estiven a punto de chamar á Policía pero ás veces chámala e como teñan un pouco de lío din que non teñen efectivos...".
"Estamos todos preocupados no barrio porque cada vez hai máisa roubos e temos medo".
"Cada día pasa unha cousa nova", aseguran os comerciantes.
Aseguran os veciños e os comerciantes que os roubos foron a máis desde o traslado da estación de autobuses.
Desde que veu a estación de autobuses para aquí agora temos rateiros hai por todos o lados".
Din que se senten indefensos ante esta vaga de roubos malia que na estación de tren adoita haber vixilancia permanente.
"Desde que puxeron a estación de autobuses proto do tren incrementáronse os roubo, pero moitísimo "
"Estamos un pouco indefensos. E unha pasadiña en coche que me perdoen as forzas e corpos de seguridade do Estado, pero pasear en coche non é válido. Que veñan a pé, unha parella, que dean unha voltiña, que falen cos establecementos, se hai problemas...".
"Este antes era un barrio moi tranquilo, porque e aquí levo 12 anos traballando e sempre foi un barrio tranquiloe agora cada vez hai máis roubos".
Tamén estes días lle roubaron o bolso a unha muller polo método do tirón. E entraron nesta entidade bancaria, de onde levaron un ordenador. Foron uns veciños os que deron a voz de alarma e facilitaron a detención dos presuntos ladróns.