Cesamentos en Adif e Renfe polo caso dos trens que non caben nos túneles
O erro no deseño atrasará a fabricación dos trens que ían destinados a Asturias e Cantabria

O xestor das infraestruturas ferroviarias, Adif, cesou este luns o xefe de Inspección e Tecnoloxía de Vía e Renfe fixo o mesmo co actual responsable de Xestión de Material despois de que se constataron erros nas medicións de trens de vía estreita en proxecto, que non cabían nos túneles.
A fabricación por parte de CAF da nova frota de ancho métrico para Renfe sufrirá un atraso de entre dous e tres anos, debido a un erro nos gálibos da infraestrutura na declaración sobre a rede de Adif, en función dos cales se ían a construír os trens.
A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, anunciou durante esta fin de semana "ceses inminentes" en Renfe e Adif polo erro nas determinacións técnicas dos novos trens de proximidade destinados principalmente a Cantabria e Asturias, e tamén Galicia, e asegurou que o novo modelo estará deseñado no verán, para empezar a fabricalo inmediatamente.