Publicador de contidos

Publicador de contidos

Guerra Israel-Irán, unha ameaza económica mundial, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Guerra Israel-Irán, unha ameaza económica mundial, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 16/06/2025 07:58

Na guerra Israel-Irán o petróleo é, para Tel Aviv, un obxectivo estratéxico, polo tanto o efecto económico para a economía mundial xa é evidente. De feito xa estamos a ver tanto ataques a refinarías iranianas como subidas importantes do barril Brent. É evidente que a capacidade de venda e de refino de Teherán vai minguar, pero tamén é certo que as potencias da OPEP poden contrarrestar esta baixada da oferta. Polo tanto, o que temos hoxe enriba da mesa son incertezas. Ignoramos tanto a duración como a intensidade do conflito e tamén a posición do resto de nacións.

O que si é certo é que os riscos son importantes, primeiro polo citado, o petroleo, e en segundo nivel polo trafico marítimo mundial.  Esencialmente o vencellado ao estreito de Ormuz e ao Mar Vermello. Non debemos esquecer que O Iemen é un aliado estratéxico de Irán e, alimentado militarmente, pode obstaculizar o tráfico marítimo do Canal de Suez. 

Estamos polo tanto ante un conflito que ten a capacidade de impactar negativamente na economía mundial; non é seguro que ocorra, pero os riscos de que pase no son menores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade