Grecia comeza a multar os maiores de 60 anos sen vacinar
Pagarán 100 euros cada mes ata estaren inmunizados

Grecia empezou a multar os maiores de 60 anos que non se vacinaron. Este mes pagarán 50 euros, pero a partir do próximo a sanción será de 100 euros mensuais ata que poñan polo menos a primeira dose.
A medida afecta 300.000 gregos. Case outros tantos puxeron a vacina desde que se anunciou esta medida en decembro. O Goberno grego non descarta reducir a idade e máis adiante multar tamén a todos os maiores de 50 anos.
Non é o único grupo que pode pagar cara a súa negativa a inmunizarse. A partir de febreiro perderán o seu traballo os médicos que estean sen vacinar.
Grecia sufriu a maior explosión de contaxios de toda a pandemia despois das celebracións da Pascua ortodoxa o pasado 5 de xaneiro.
De inmediato puxo restricións de horarios e ocupación na hostaleria, que ao parecer están conseguindo reducir a incidencia da covid–19.