Gravan un individuo roubando pezas da locomotora do barrio ourensán da Ponte
Denuncian a progresiva deterioración deste símbolo da historia ferroviaria do barrio
Esixen que se tomen medidas para arranxar a locomotora e propoñen crear un museo ferroviario ao aire libre
Hai quen delinque a plena luz do día e con total impunidade. Un vídeo gravado por veciños do barrio ourensán da Ponte recolle o momento en que un individuo rouba unha peza da locomotora instalada como monumento ferroviario nas inmediacións da estación de Ourense.
É a proba gráfica do saqueo continuo de pezas desta histórica locomotora de vapor instalada como escultura nas inmediacións da estación de tren de Ourense desde 1976. Supostamente lévanas para vender como chatarra e o seu valor é incalculable. Xosé García, un veciño que foi ferroviario conta o valiosas que son algunhas pezas e que serían irreemprazables se as rouban.
Os veciños quéixanse do desleixo das autoridades porque os roubos só son un chanzo máis do proceso de deterioración deste símbolo da orixe ferroviaria do barrio da Ponte.
Pero os veciños da Ponte non quedan na queixa e propoñen solucións. Primeiro arranxala
E logo sacarlle partido como unha especie de museo ferroviario ao aire libre.
Canto ao presunto ladrón, está a ser investigado.