Grava un delincuente reincidente entrando no seu coche
Denunciou, detiveron ao suposto ladrón e ás poucas horas quedou de novo en liberdade
Na madrugada de onte volveron forzar outros dous coches nun garaxe no lugar de Fafián
Zacarie é unha das múltiples vítimas da vaga de roubos no interior de coches que se veñen producindo en Ribeira. Tras os dous primeiros, perpetrados supostamente polo mesmo individuo, un coñecido delincuente con problemas de drogadicción, o sábado, cando o viu dando voltas arredor do seu coche, en vez de saír correndo detrás, gravouno para poder ter probas do delito.
Denunciou, detiveron ao suposto ladrón e ás poucas horas quedou de novo en liberdade. Na madrugada de onte volveron forzar outros dous coches nun garaxe no lugar de Fafián. Sospeitan que foi obra do mesmo individuo. Os veciños din sentir impotencia ante a impunidade dos delincuentes.
Nas últimas semanas son máis de 20 as denuncias presentadas por roubos no interior de coches na localidade.