Publicador de contidos

Publicador de contidos

Á cadea a presunta autora de roubos nos coches estacionados nas rúas da Coruña

Á cadea a presunta autora de roubos nos coches estacionados nas rúas da Coruña

Prendérona dúas veces en 24 horas

Os coruñeses respiran algo máis aliviados

G24.gal 09/02/2026 14:31

Os roubos consistían principalmente na rotura de cristais para subtraer obxectos do interior dos coches aparcados nas rúas de varios barrios da cidade herculina.

 "Houbo roubos na avenida do Ferrocarril, no Ventorrillo e noutros sitios".

Agora, tras a detención da presunta responsable destes feitos delituosos, a veciñanza di sentirse algo máis tranquila.

"Un pouco máis tranquilos, si. Pero é que non é ela soa".

"O caso é que os prenden e ao pouco xa están fóra".

De feito, foi o que aconteceu neste caso. A muller foi detida dúas veces en 24 horas. 

"Pero é que tamén hai roubos en comercios. Neste barrio, por exemplo, ultimamente, entran a roubar nos comercios. Non só na rúa".

Consideran tamén que falta vixilancia policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade