Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grant exhíbese diante do Real Madrid, pero non é dabondo para lograr a vitoria

Grant exhíbese diante do Real Madrid, pero non é dabondo para lograr a vitoria

O base anotou 24 puntos e liderou a remonta do Breogán no segundo tempo, pero o Real Madrid acabou sentenciando nos últimos tres minutos (69-79)

G24.gal 11/05/2025 20:10

Rozou a sorpresa o Breogán diante do líder da ACB. O Real Madrid levou, con moito sufrimento, o triunfo do Pazo (69-79). 

Entrou moi forte o Real Madrid no partido, con Musa, Llull e Ndiaye tirando do carro e colleitando unha máxima diferenza de catorce puntos (10-24). O Breogán parecía tocado no primeiro cuarto (13-24) pero conseguiu reaccionar no segundo ata poñerse a só dous puntos (27-29) grazas á súa boa defensa. Ao descanso gañaba o Real Madrid 27-34 mais xa apareceran as primeiras dúbidas nos de Chus Mateo. 

O Real Madrid volveu a dar outro tirón á volta do vestiario (28-39). Foi entón cando apareceu un maxistral Grant (14 puntos no terceiro cuarto) para igualar o encontro. Unha canastra de Nakic a dous minutos para o remate propiciaba a primeira vantaxe do Breogán desde os intres iniciais (52-51). 

Nesa montaña rusa volveulle tocar ao Real Madrid marchar de oito puntos (56-64), pero Grant non estaba disposto a que o triunfo marchase de Lugo. Dúas triñas súas e unha de Eric Vila igualaron o encontro (67-67) a tres minutos da fin. O equipo madridista tirou de experiencia e xogou mellor as últimas posesións. Unha antideportiva de Atic (co marcador 69-73) acabou por decidir o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade