Cargando resultados...
Granada demostra a súa condición de líder na pista do Leyma Coruña
Gañou por 77-85 malia os esforzos do equipo coruñés
G24.gal
06/02/2022 20:22
O Leyma Coruña perdeu diante do Covirán Granada, equipo que marcha á fronte da Leb Ouro con 15 vitorias e que demostrou esa condición en Riazor.
O primeiro cuarto amosou a capacidade ofensiva do Granada (17-25) que manexou diferenzas en torno aos dez puntos nesa primeira metade.
No segundo tempo chegou a ter unha máxima de vinte tantos (45-65) pero atopou a reacción de Coruña. Cun parcial de 20-4 no final do terceiro cuarto e o inicio do último período meteuse no partido (65-69).
Granada aguantou ese momento crítico e volveu abrir unha pequena fenda en torno aos dez puntos que xa non soltaría ata o final.