Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gonzalo Caballero: "Ser candidato á Xunta non está agora na miña axenda"

Gonzalo Caballero: "Ser candidato á Xunta non está agora na miña axenda"

Asegura que soubo pola prensa do seu substituto como voceiro socialista no Parlamento

G24.gal 16/01/2022 11:54

Gonzalo Caballero asegura que vai continuar como deputado no Pazo do Hórreo, "cumprindo" cos "250.000 galegos e galegas que votaron o PSdeG para defender políticas de esquerda e facer oposición ao PP".

No día seguinte á oficialización da súa remuda como voceiro do partido no Parlamento galego, di que vai asumir "as súas responsabilidades" alí onde o poña a súa organización.

Nunha entrevista no espazo Bos Días da Televisión de Galicia, expresou o seu desexo de afrontar os retos de xeito conxunto co novo portavoz Luís Álvarez, malia declarar que soubo da elección pola prensa.

Sobre a posibilidade de loitar nunhas primarias para ser candidato socialista á presidencia da Xunta, non quixo confirmar esa opción porque non está na súa "axenda de prioridades" nestes momentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade