Goles solidarios en Balaídos
O Celta derrotou a selección de Ourense, 5-0, nun partido onde Bryan Zaragoza e Jutglá anotaron o seus primeiros goles co club vigués
Boa imaxe da selección ourensá adestrada por Mario Guede e Ramón Dacosta
5.090 espectadores acudiron á chamada da solidariedade en Balaídos
Bo espectáculo o ofrecido polo Real Club Celta e a selección de xogadores da provincia de Ourense no amigable benéfico disputado en Balaídos. O resultado final foi de 5-0 para o cadro vigués pero todos saíron gañadores polo apoio á repoboación dos montes arrasados polos lumes na vaga do pasado mes de agosto. 5.090 espectadores achegáronse a Balaídos para apoiar unha boa causa. Recadación íntegra que se donará a causa solidaria, xunto os cartos recibidos mediante a fila cero, os Bizums e as vendas das camisolas do partido.
No campo, a proba foi positiva para Claudio Giráldez xa que o choque serviu para que dúas das fichaxes do verán, Ferrán Jutglá e Bryan Zaragoza, racharan coa mala sorte cara á portería contraria e anotasen os seus primeiros goles co club vigués. Na segunda metade, dous goles de Pablo Durán e outro do xogador do filial Pablo Gavián, redondearon a goleada dos celestes ante un combinado ourensán que, pese o resultado, ofreceu unha boa imaxe, máis aínda para ser a primeira vez que se xuntaban coma equipo.