Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias lémbrase do Celta na súa chegada ás Rozas

Borja Iglesias lémbrase do Celta na súa chegada ás Rozas

"Lémbrome dos meus compañeiros, do corpo técnico e do club"

"Estou desexando acadar vitorias con eles"

@SEFutbol
G24.gal 07/10/2025 10:12

Borja Iglesias está asinando o mellor comezo de temporada da súa carreira, sumando 6 goles en 10 partidos. O santiagués foi clave na maioría dos encontros nos que o Celta sumou. Esta xeira e a lesión de Lamine Yamal foron motivos suficientes para que Luis de la Fuente chamara a Borja para disputar os encontros de clasificación ao Mundial 2026, ante Xeorxia, o sábado en Elx e ante Bulgaria, o martes en Valladolid. 

Na súa chegada ás instalacións deportivas da Federación Española nas Rozas, o dianteiro quixo lembrarse do Celta: "Neste intre lémbrome moito dos meus compañeiros, do corpo técnico e do club, que me fan gozar moito e que estou desexando acadar vitorias con eles. Síntome moi querido e moi feliz".

Borja tamén quixo deixar clara a súa ilusión por voltar a unha convocatoria do combinado nacional: "Sempre que sexan partidos coa selección son importantes e se son clasificatorios aínda máis". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade