Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta necesita da quenda de penaltis para eliminar ó Sant Andreu

O Celta necesita da quenda de penaltis para eliminar ó Sant Andreu

Os vigueses acertaron nos seus sete lanzamentos namentras que Serrano errou o sétimo do Sant Andreu

Os vigueses chegaron a ir perdendo na prórroga pero Borja Iglesias respondeu de forma inmediata ó tanto barcelonés

@rccelta @rccelta
G24.gal 05/12/2025 00:05

Sufrida clasificación do Celta na Copa do Rei ante o Sant Andreu. Os vigueses chegaron a ir perdendo na primeira metade da prórroga pero conseguiron empatar de forma rápida e pasar de rolda na quenda de penaltis.

O partido non comezou ben para o o equipo vigués porque no primeiro minuto Sergi García superaba de vaselina a Iván Villar pero a zaga celeste despexaba con apuros o balón. Ademais poucos minutos despois Aidoo tivo que ser substituído por Yoel Lago despois de mancarse nunha acción fortuíta. O Celta foi pouco a pouco entrando no partido. Jutglá tivo unha boa ocasión para adiantar os seus pero topou co porteiro Raúl. Pouco despois Hugo Álvarez, o mellor do Celta nesa primeira parte, rematou o pau traveseiro unha xogada persoal.

Na segunda metade seguiu o asedio celeste pero sen acerto. Jutglá rematou o pau desde fóra da área. Os vigueses dominaban pero non tiñan claridade na treito final do campo. Claudio víase obrigado a meter todo o seu arsenal ofensivo no campo e entraron Iago Aspas, Borja Iglesias e Pablo Durán. Jutglá e Aspas volveron a ter dúas boas ocasións pero ambos mandaron o balón por riba do traveseiro. Non había tempo para máis e o partido ía á prórroga.

E cando os vigueses debían facer a súa superioridade física, o Sant Andreu adiantaríase no marcador cun gran remate de Alexis que superou a Villar. A resposta do celta foi inmediata. Yoel Lago filtrou un pase a Borja Iglesias que igualaba o choque case que de forma instantánea. Na segunda metade da prórroga o Celta quedou con dez pola expulsión de Carlos Domínguez. Non había forzas nin un nin outro equipo e a eliminatoria decidiríase na quenda de penaltis. Necesitáronse de sete lanzamentos por equipo. Mingueza, Borja , Aspas, Hugo, Beltrán, Durán e Lago anotaron os sete penaltis lanzados polos vigueses. Serrano errou o sétimo lanzamento dos cataláns. O Celta estará nos dezaseisavos de final da Copa do Rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade