O Celta aproba na súa xunta o maior orzamento da súa historia
Cifra histórica de 124,6 millóns de euros
O club recoñece a necesidade de realizar vendas cun valor aproximado aos 32 millóns de euros antes do remate deste presente exercicio
@rccelta
O Celta aprobou esta noite, durante a súa Xunta Xeral de accionistas, un orzamento histórico de 124,6 millóns de euros para a temporada 2025-26.
Un orzamento que a entidade celeste deberá completar, detallou o novo director financeiro do club vigués Miguel Ángel Amo, coa venta de xogadores por unha cantidade próxima aos 32 millóns de euros.
A Xunta, celebrada no Salón Rexio da Sede e cunha representación do 68,2 por cento do capital social, aprobou o informe de xestión e as contas anuais da pasada campaña nunha xornada que foi o peche ó segundo ano ó mando da presidenta, Marián Mouriño.