O Celta acada a primeira vitoria da temporada no retorno da Europa League a Balaídos
O Celta amosa a súa mellor versión nesta temporada e gaña 3-1 ao PAOK
Aspas, Borja Iglesias e Williot anotaron os goles celestes

O Celta amosou o seu xogo máis representativo dende o comezo do encontro, dominando a posesión do balón e tendo achegamentos á portería do PAOK. A máis clara chegou nas botas de Javi Rueda, que tras unha internada pola banda dereita quedou solo, nun man a man, que acabou parando Pavlenka. Foi no 37, na primeira chegada do cadro grego á portería celeste cando chegou o gol visitante. Tras un rexite de Radu, o balón quedou morto na área e Giakoumakis anotou o primeiro do encontro. O Celta seguiu insistindo e xa na prolongación da primeira metade chegou o gol do empate cunha cacholada de Iago Aspas para marchar ao tempo de lecer 1-1.
E foi clave ese gol do capitán celeste, porque na segunda parte o Celta pasoulle por enriba ao PAOK. Tras unha boa xogada do Celta no 53, Williot rematou e Borja Iglesias, que sigue coa súa boa xeira, aproveitou o rexeite do porteiro rival para darlle a volta ao marcador. Foi no 71 cando o propio Williot, que estivo moi activo durante todo o partido, quen puxo o 3-1 final no marcador e culminou a primeira vitoria do Celta na temporada.