Cargando resultados...
Golazo de Miguel Román na vitoria do Pontevedra sobre o Celta B
Golazo de Miguel Román na vitoria do Pontevedra sobre o Celta B
O equipo granate remontou o tanto inicial de Lautaro e acabou gañando por 1-2
G24.gal
06/08/2022 22:06
O Celta B e o Pontevedra medíronse no campo de Baltar, en Portonovo, e gañou o Pontevedra por dous a un. Malia ser un amigable de pretemporada o partido xogouse con moito ritmo e houbo infinidade de oportunidades.
Lautaro forzou un penalti cometido por Víctor Vázquez e marcouno no minuto 18. No minuto 30 Oier Calvillo meteu un centro á área que rematou o canteirán Valen. Xa no segundo tempo Miguel Román, pretendido por equipos de superior categoría, anotou no 71 cun sensacional lanzamento desde fóra da área.