Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goberno e comunidades estudan novas medidas para facerlle fronte ao aumento de contaxios

Goberno e comunidades estudan novas medidas para facerlle fronte ao aumento de contaxios

Son case 135.000 contaxios en 24 horas e a incidencia está xa por riba dos 3.000 casos

G24.gal 12/01/2022 11:35

En pleno debate sobre se cómpre tratar xa a covid cun protocolo semellante ao da gripe común, o Goberno estuda coas comunidades autónomas novas medidas para facerlle fronte ao aumento dos contaxios.

Son case 135.000 contaxios en 24 horas. A incidencia está xa por riba dos 3.000 casos. E iso impacta directamente na Atención Primaria, desbordada en moitas comunidades. Por iso reclaman medidas para liberar de carga de traballo aos médicos dos ambulatorios.

A Comunidade de Madrid pide que os médicos asinen no mesmo acto a baixa e a alta para sete días despois. E Cataluña defende unha declaración autorresponsable dos traballadores para ter esa baixa laboral.

Pero hai tamén ese debate sobre o tratamento da covid, sobre o paso do sistema de vixilancia actual ao de sentinela, un protocolo semellante ao da gripe. É o que defende o Goberno de España, e que critican organismos internacionais como a OMS ou a Axencia Europea de Medicamentos. Esta tarde haberá xuntanza telemática do Consello Interterritorial de Saúde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade