Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación dos eventos deportivos será do 100 % a partir do 4 de marzo

A ocupación dos eventos deportivos será do 100 % a partir do 4 de marzo

A medida acordárona o Goberno e as comunidades autónomas no Consello Interterritorial ante a positiva evolución da pandemia

O resto de medias de prevención mánteñense nos eventos deportivos

Darias anunciou a medida na comparencia tras o remate do Consello Interterritorial
G24.gal 16/02/2022 17:58

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas acordaron aumentar o próximo 4 de marzo ata o 100 % a ocupación nos eventos deportivos, que na actualidade están ao 85 % en recintos exteriores e ao 75 % nos interiores.

Así o anunciou a ministra de SanidadeCarolina Darias na comparecencia tras o remate da reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, en que se adoptou este acordo ante a positiva evolución da pandemia, cunha incidencia acumulada próxima aos 1.000 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días.

Darias explicou que, pese ao incremento da ocupación, nos eventos deportivos haberá que manter as medidas de seguridade e prevención de contaxios que imperaron ata o de agora nestes recintos. É dicir, haberá que usar máscara, non se poderá fumar nin antes nin durante nin ao remate dos eventos e tampouco se permitirá comer nin beber nos recintos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade