Publicador de contidos

GKN Vigo e Aimen avanzan na aplicación da IA nos compoñentes de automoción

GKN Vigo e Aimen avanzan na aplicación da IA nos compoñentes de automoción

Entre un 5 e un 6 por cento dos coches fabricados no mundo xa levan xuntas producidas na planta viguesa

G24.gal 10/07/2023 14:40

A empresa GKN de Vigo e o centro tecnolóxico Aimen, situado no Porriño, avanzan na aplicación da intelixencia artificial ao sector da automoción. Un proxecto de investigación, cofinanciado pola Xunta de Galicia, tradúcese nun proxecto de fabricación avanzada que responde ás necesidades inmediatas do mercado.

O traballo desenvolveu tecnoloxías intelixentes para fabricar compoñentes de transmisión, o que os converte en líderes mundiais neste sector: entre un 5 e un 6 por cento dos coches fabricados no mundo levan xuntas producidas na planta viguesa.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación dixo que "No Goberno galego estamos orgullosísimos de que sexa en Galicia onde se leva a cabo esta fabricación. É un traballo que responde ao que debemos continuar facendo, que é a colaboración constante público-privada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos