Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez salva ao Celta e iguala a Berizzo e Coudet coa mellor media de puntos desde 2012

Giráldez salva ao Celta e iguala a Berizzo e Coudet coa mellor media de puntos desde 2012

O balance do substituto de Rafa Benítez é de cinco vitorias, un empate e tres derrotas, para un total de 16 puntos

Foto EFE
G24.gal 20/05/2024 12:31 Última actualización 20/05/2024 15:48

Coa vitoria onte á noite ante o Granada nos Cármenes (1-2), Claudio Giráldez acumula unha media de 1,68 puntos desde a súa chegada ao banco do Celta, o que lle permite igualar cos arxentinos Eduardo Berizzo e Eduardo Coudet como o técnico con mellor media nos primeiros nove encontros desde o último ascenso do equipo galego a primeira división.

O balance do substituto de Rafa Benítez é de cinco vitorias, catro delas tras remontar o partido, un empate e tres derrotas, para un total de 16 puntos, os mesmos que sumaron Berizzo e Coudet na súa etapa inicial en Balaídos e catro máis que o portugués Carlos Carvalhal ou Fran Escribá.

Os adestradores coa peor porcentaxe de puntos nos seus nove primeiros partidos como técnicos celestes son Luis Enrique Martínez e Rafa Benítez con 6, mentres que Miguel Cardoso (7) e Óscar García Junyent (8) tampouco chegaron aos dez.

O Celta despedirá a tempada 2024-25 recibindo o vindeiro domingo ao Valencia en Balaídos, nun duelo intranscendente a nivel clasificatorio para ambos os equipos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade