Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Alfon non ten asinado nada con ningún outro equipo"

Giráldez: "Alfon non ten asinado nada con ningún outro equipo"

O técnico celeste amosouse tamén "decepcionado con como se xerou todo isto durante esta semana"

G24.gal 04/04/2025 15:16 Última actualización 04/04/2025 15:30

O adestrador do Celta, Claudio Giráldez, mostrou este venres o seu desexo de que Alfon González continúe no equipo celeste a tempada 2025-26, ante os rumores "interesados" que o sitúan no Sevilla a partir de xullo.

“Estou decepcionado con como se xerou todo isto durante esta semana, creo que non fai ningún favor ao celtismo, creo que simplemente nos divide. Se á xente gústalle buscar un culpable, creo que o único que non é culpable de todo o que pasou esta semana é Alfon, iso é o que eu creo”, afirmou.

O técnico celeste afirmou que esta semana falou “varias veces” co xogador, que finaliza o seu contrato co Celta o próximo 30 de xuño, e este negoulle que se comprometeu co conxunto sevillista.

“É un futbolista que che pode gustar máis ou menos, pero é un rapaz espectacular, creo que a súa implicación está fóra de toda dúbida. A min xamais me fallou nin me mentiu, creo que non mentiu en nada, non sei por que se xerou toda esta situación”, dixo, indignado, o adestrador do Celta.

“Ás veces sentímonos uns pouco donos dos xogadores ou das persoas, e creo que cada un ten a liberdade de decidir sobre a súa vida. Polo que me consta, Alfon é xogador do Celta a día de hoxe e non ten asinado nada con ningún outro equipo, entón non sei por que eu teño que tratar de actuar con el dunha maneira distinta á que actuei ata o de agora”, engadiu.

Giráldez tamén lembrou que o pasado verán o extremo manchego rexeitou “outras ofertas” para facer a pretemporada co primeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade